HomeSucesosAuxiliada unha parella de sendeiristas de Monforte no Courel

Auxiliada unha parella de sendeiristas de Monforte no Courel

A Gardia Civil auxilia a uns sendeiristas na serra do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil ten coñecemento que no miradoiro de Penaboa, sito na serra do Courel, unha parella, veciños de Monforte de Lemos atópanse practicando un roteiro de sendeirismo e teñen dificultades para poder saír do lugar.

Iníciase un operativo de procura, contando coa colaboración de efectivos do GES de Folgoso do Courel, nunha zona de difícil acceso debido ao desnivel, unido isto á neve e xeo existente no lugar.

Localízanse os senderistas ao redor das 17.30 horas. A pesar da falta de material adecuado para afrontar ese roteiro, a parella atópase relativamente ben. Iníciase un descenso a pé ata a localidade de Ferreirós-Folgoso do Courel, chegando á poboación ao redor das 20.30 horas, non requirindo en primeira instancia asistencia sanitaria por parte dos senderistas auxiliados.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...