HomeSucesosDeteñen en Quiroga a un home de 68 anos por ameazar cunha...

Deteñen en Quiroga a un home de 68 anos por ameazar cunha machada a un veciño

O home tamén utilizou un bastón para intimidar.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Quiroga a un veciño de San Clodio -no Concello de Ribas de Sil- de 68 anos de idade por ameazar cunha machada e un bastón a unha persoa da que ten orde de afastamento.

Segundo informou o Instituto Armado, por iso este individuo foi detido como presunto autor dun delito de ameazas con arma branca e de quebrantamento de condena.

Os feitos tiveron lugar na localidade de San Clodio cando supostamente este home dirixiuse cara a un veciño “en actitude ameazante”, destacou a Benemérita, e portaba “nunha man unha machada e na outra un bastón”, engadiu.

A persoa detida tiña unha orde xudicial de afastamento en vigor, subliñou a Garda Civil. Por estes feitos, o home foi detido e posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...