HomeSucesosDetido por ameazar cunha escopeta durante unha liorta na Pobra do Brollón

Detido por ameazar cunha escopeta durante unha liorta na Pobra do Brollón

O arrestado é veciño de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo un veciño de Monforte de Lemos como presunto autor dun delito de ameazas con arma de fogo por empregar unha escopeta durante unha liorta veciñal.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar no termo municipal da Pobra do Brollón, no cal, tras unha liorta entre veciños, supostamente un dos implicados colleu unha escopeta do interior dun vehículo que se atopaba estacionado nas proximidades.

Unha vez no lugar os axentes inspeccionan o citado vehículo, no que acharon unha escopeta descargada no asento posterior, así como tres cartuchos de postas no asento anterior dereito.

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial, indicou a Benemérita.

ÚLTIMAS

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...