HomeSucesosUnha moza de 21 anos resulta ferida nun accidente na N-540, en...

Unha moza de 21 anos resulta ferida nun accidente na N-540, en Carballedo

Foi evacuada nunha ambulancia ata o centro de saúde de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Unha rapaza de 21 anos, con iniciais Y.L.O, foi evacuada esta mañá a un centro médico polo 061 tras resultar ferida nun accidente de circulación que se produciu no municipio de Carballedo.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia ( CIAE), o sinistro produciuse cando faltaban poucos minutos para as dez da mañá, concretamente na estrada Nacional-540, no tramo comprendido entre A Barrela e Chantada.

Por causas que aínda se descoñecen, o coche que conducía a vítima saíuse da estrada.

Para auxiliar a vítima, o 112 mobilizou aos Bombeiros de Chantada, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballedo e a persoal de Mantemento da estrada.

Tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, a moza ferida foi evacuada por unha ambulancia de Soporte Vital Básico do 061 ao Centro de Saúde de Chantada.

ÚLTIMAS

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...