HomeSucesosIdentificado un veciño de Quiroga incumprindo a normativa de pesca

Identificado un veciño de Quiroga incumprindo a normativa de pesca

A Garda Civil identifica a un veciño de Quiroga, de 47 anos de idade, como suposto autor de tres infraccións á normativa de pesca en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presunto autor é identificado cando regresaba no seu vehículo particular dunha xornada de pesca no río Soldón ao seu paso polo termo municipal de Quiroga. Os axentes observan na parte traseira do vehículo unha neveira que contiña un total de 55 exemplares de troitas, as cales non daban na súa maioría a medida mínima e excedían o número máximo de capturas permitidas.

Este tipo de feitos conlevan a retirada dos especímenes, os cales se entregan en entidades benéficas e que supoñen a perda da licenza de pesca durante un ano, así como a inhabilitación para obtela de novo durante o mesmo tempo, e unha sanción de carácter económico que oscila entre os 100 e os 3.000 euros.

A aprehensión prodúcese nunha zona coñecida pola súa altísima riqueza paisaxística, ambiental e con especial valor ecolóxico, como é o xeoparque do Courel.

ÚLTIMAS

‘Chulinha’: creacións propias e por encargo feitas con calceta e gancho

Coñecemos a Antía de la Fuente, a protagonista desta entrevista, nun dos postos que...

O Concello de Chantada aproba un presuposto 9.733.660€

O Concello de Chantada aprobou no pleno deste xoves, 5 de febreiro, o orzamento...

Concentración o 13 de febreiro ás 12:00 no Hospital de Monforte para esixir garantir a seguridade do persoal

A familiar desta paciente, segundo relatan, insultou e fixo outras increpacións no pasillo e...

O PP preséntase como alternativa en Monforte tralo “estalo do caso Tomé”

Os populares analizaron durante a xuntanza, a situación que padece Monforte de Lemos, "co...