HomeSucesosFerido un mozo en Paradela (Lugo) ao quedar atrapado polas pernas nun...

Ferido un mozo en Paradela (Lugo) ao quedar atrapado polas pernas nun motocultor

Publicado o

- Advertisement -

Un mozo resultou ferido o municipio lugués Paradela ao quedar atrapado polas pernas nun monocultor que estaba a manexar, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O suceso tivo lugar ás 11,20 horas da mañá do domingo no lugar da Carretería. O ferido tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Sarria e, posteriormente, foi trasladado polo helicóptero medicalizado con base en Ourense até un centro hospitalario.

Ademais dos bombeiros e Urxencias Sanitarias 061, a central de emerxencias tamén puxo o caso en coñecemento da Garda Civil.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...