HomeSucesosUn helicóptero da Polícia Nacional, membros do GEAS da Garda Civil e...

Un helicóptero da Polícia Nacional, membros do GEAS da Garda Civil e cans adestrados traballarán a reo para atopar a Misi

Publicado o

- Advertisement -

A partir do 18 de agosto, membros da do Grupo Especial de Actividades Acuáticas (GEAS) da Garda Civil, un helicóptero da Polícia Nacional e cans do Servizo de Emerxencias de Galicia, traballarán a reo para atopar ó veciño monfortino desparecido dende o pasado día 3.

Este operativo foi acordado na reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca e a subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez, na casa consistorial.

Os esforzos de atopar a Misi non cesan e é que logo do intenso traballo realizado pola Policía Nacional durante todos estos días, o corpo de seguridade comezará na tarde do venres 17 cos traballos de coordinación de todos os equipos, para que, o sábado 18 se poidan desenvolver novas tarefas de busca tanto por terra como por auga e aire. Pola súa banda, os efectivos da Policía Local da cidade, tamén intensificarán a súa labor de rastrexo.

De igual xeito, dende o concello non descartan que a necesidade de botar man de drons para chegar a zonas reducidas e de abundante maleza onde é moi complicado entrar a buscar a pé.

Compre destacar co día 16 un grupo de veciños da cidade e de xeito voluntario, organizaron unha batida ó longo da mañá onde percorreron a zona de regadío monfortina sen atopar rastro do home desaperecido.

 

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...