Homesociedade90.000€ da Deputación para a mellora da estrada de Vilachá á...

90.000€ da Deputación para a mellora da estrada de Vilachá á Estación da Pobra do Brollón por Rozavales

A Xunta de Goberno deste aprobou o proxecto e a licitación das obras de mellora en 8 quilómetros da vía LU-P-4702, que une o núcleo urbano de Vilachá coa Estación da Pobra do Brollón por Rozavales, no concello da Pobra do Brollón, cun orzamento de 92.500€. Levaranse a cabo melloras entre o punto quilométrico 2,570 ata o 10,400 nun prazo de tres meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este proxecto inclúe a reapertura de cunetas e o posterior formigonado da vía provincial, que xa fora renovada entre os puntos 1,200 e 2,400 e, polo tanto, con este arranxo quedaría rehabilitada do punto quilométrico 1,200 ao 10,400.

A Xunta de Goberno deste venres tamén aprobou a solicitude do concello do Incio para investir remanentes do Plan Único 2020 por un importe total de 56.500 €. O municipio da comarca de Sarria solicitou empregar 43.000 € para o acondicionamento e a mellora de accesos nos núcleos de Romariz e Santo Eufrasio.

ÚLTIMAS

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...

Comeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, promove esta fin de semana unha...

“O agrarismo nas terras de Chantada” preséntase este 23 de maio na vila do Asma

O Certame ten por obxecto promover labores de investigación na lingüística, a historia, a...

Bóveda acolle unha charla sobre o cultivo de oliveiras

Á vista do aumento do cultivo de oliveiras na zona da Pobra do Brollón,...