Homesociedade“O agrarismo nas terras de Chantada” preséntase este 23 de maio na...

“O agrarismo nas terras de Chantada” preséntase este 23 de maio na vila do Asma

O Auditorio Municipal de Chantada acolle este venres, 23 de maio, ás 20:00h. a presentación do traballo gañador do XVII Certame de Investigación Condado de Pallares. O autor é o investigador local, Antonio Paz Vázquez, co estudo, “O agrarismo nas terras de Chantada”, a sociedade agraria do século XIX e primeiro terzo do XX.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Certame ten por obxecto promover labores de investigación na lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografia e folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares. Así a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, organizadora do Certame, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Cultura, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada.

“Chantada colabourou desde o inicio desta convocatoria para axudar a favorecer a investigación e divulgación dos valores culturais e sociais que tivo ao longo dos anos, este territorio que compartimos”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

O rexedor felicita ao investigador, Antonio Paz, polo traballo desenvolto e convida á veciñanza a acudir ao acto de presentación deste venres, “para o Concello de Chantada é unha honra contar con este estudo, obra dun chantadino e agradecémoslle a investigación feita sobre os primeiros movementos e sociedades agrarias que se deron nunha contorna como a nosa, eminentemente agraria”.

Pola súa banda, Antonio Paz, amosa a súa satisfacción por poder contar a historia do agrarismo na comarca de Chantada para o seu pobo, “Para mín é unha honra poder achegar á xente de Chantada a importancia do agrarismo como fenómeno social, un proceso histórico de enorme trascendencia na historia agraria contemporánea de Galicia e estas terras foron protagonistas. Na provincia de Lugo a primeira sociedade agraria foi a de Chantada. Comezo o estudo no XIX para poñer en contexto a situación do campesiñado. O contrato foral estaba instaurado nestas terras desde a idade media e o principal obxectivo do agrarismo aquí foi abater o contrato foral e conquistar a propiedade das terras”, conclúe o investigador, Antonio Paz.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...