HomeSucesosUn Alvia queda parado en Quiroga tras chocar contra unhas gallas

Un Alvia queda parado en Quiroga tras chocar contra unhas gallas

O tren cubría o traxecto Vigo-Barcelona.

Publicado o

- Advertisement -

Un tren que cobre a ruta entre a estación viguesa de Guixar e Barcelona tivo que deter a súa marcha en Quiroga  despois de golpear unhas ramas e sufrir unha avaría, o que levou que a circulación permanecese suspendida na zona durante dúas horas e media.

Segundo trasladou o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) ao 112 Galicia, no convoi viaxaban máis de 200 pasaxeiros e todos resultaron ilesos. En concreto, os feitos tiveron lugar ao redor das 10,45 horas deste luns na vía férrea lindeira á N-120, á altura do seu punto quilométrico 481, onde o Alvia enganchou unhas ramas e rompeu o pantógrafo, o que levou que tivese que deterse a marcha.

Posteriormente, persoal de Adif informou da situación aos xestores do 112 Galicia, que a puxeron en coñecemento da Garda Civil, os Bombeiros de Monforte, a Policía Local, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Quiroga e Protección Civil. Como consecuencia, a circulación suspendeuse, o que afectou a ese tren e a un convoi de mercadorías. Finalmente, foi restablecida ás 13,15 horas.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...