HomeTerra de LemosMonforteO Escuadrón de Cabalería da Policía Nacional, drons e cans especializados chegan...

O Escuadrón de Cabalería da Policía Nacional, drons e cans especializados chegan a Monforte para retomar a busca de Misi

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos de localizar ó veciño monfortino Carlos Yáñez retomaranse o vindeiro día 30 de agosto, a partir das 9 da mañá, no que participarán o Escuadrón de Cabalería e a Unidade Especial de Guías Caninos da Polícia Nacional, a Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), integrantes do parque comarcal de bombeiros de Monforte, persoal de Servizos á Cidadanía da cidade e axentes da Garda Civil e Policía Nacional -unidade que está traballando na súa localización dende o día que se deu aviso da súa desaparición–; estos últimos, son os encargados de coordinar, en todo momento, este novo dispositivo, o que vai permitir chegar ás zonas de dificil acceso.

localizacións a rastraxar

Neste novo intento de atopar ó veciño desaparecido o pasado 4 de agosto, vaise percorrer o casco urbán de Monforte, Ribasaltas, As Barrioncas, As Lamas e as zonas de acceso ás parroquias do Chao do Fabeiro, Baamorto, Seoane e A Vide.

O motivo polo cal se elexiron as localizacións das parroquias lindantes a Monforte é porque se pretende inspeccionar as posibles rutas que Carlos Yáñez puido seguir dende a cidade ata as instalacións de Prodeme ó longo dun radio de preto de 3 quilómetros.

Desta volta non participarán os membros do Grupo Especial de Actividades Acuátivas (GEAS) dependente da Garda Civil como ocorreu o 18 de agosto por mor a que durante esa xornada xa se inspeccionaron as augas do río e do canal. Tampouco participará o helicóptero da Policía Nacional.

organización das batidas

Nas batidas organizadas para o 30 de agosto, os efectivos vanse organizar en 10 equipos para cubrir todo o territorio a inspeccionar. Cada un dos grupos organizados vanse encargar de peitear, exhaustivamente, os espazos delimitados e mencionados anteriormente.

Nesta nova oportunidade de obter novas sobre Carlos Yáñez, os cabalos, cans e drons que chegarán á cidade do Cabe, terán como función a de chegar ás zonas máis boscosas e de difícil acceso.

Aínda que esta é a segunda batida organizada de xeito oficial, compre lembrar co 16 de agosto, un grupo de veciños e de xeito voluntario, organizaron unha saída para poder dar co paradoiro de Misi pero o seu traballo resultou infructuoso.

 

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...