HomeSucesosDetidos en Morforte tres mozos dun grupo criminal de roubos con forza

Detidos en Morforte tres mozos dun grupo criminal de roubos con forza

Os roubos cometéronse durante as madrugadas dos días 10 de xullo e o 31 de decembro do ano pasado.

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Comisaría de Monforte de Lemos detiveron este pasado xoves a tres mozos de 24 e 23 anos veciños de Lugo pola súa suposta pertenza a grupo criminal e a participación en cinco roubos con forza cometidos na cidade nos meses de xullo e decembro do ano 2020.

Así o informou a Policía Nacional, que detallou que o tres son residentes na cidade de Lugo e contan con detencións previas pola súa participación en 35 delitos de roubo con forza, entre outros.

Os roubos cometéronse durante as madrugadas dos días 10 de xullo e o 31 de decembro do ano pasado. A primeira das noites accederon a un establecemento de produtos agrícolas e a unha asesoría.

Pola súa banda, a véspera de noitevella tentaron acceder ao primeiro dos locais e lográrono noutros dous, unha funeraria e unha carnicería, de onde levaron un botín de 4.000 euros. Para os desprazamentos utilizaron dous vehículos dun dos mozos detidos.

OUTRAS DETENCIÓNS

A Policía destaca que a detención destes mozos súmase á doutros cinco individuos neste último ano, integrantes tamén de grupos itinerantes desprazados doutras localidades e provincias para cometer roubos con forza en horas da noite en estacións de servizo e establecemento de hostalaría, “o que dificulta a súa identificación”, engade.

Para a comisión dos roubos repartíanse as tarefas entre eles, “organizándose cunha estrutura básica e permanencia no tempo”, sinalan as mesmas fontes policiais.

O Plan Comercio Seguro, cuxa posta en funcionamento foi presentada recentemente, compleméntase con actuacións de investigación como estas, cuxa finalidade, lembra a Policía, “é a de detectar grupos dedicados á comisión de roubos con forza nos establecementos de atención ao público, ocorridos máis aló dos horarios de apertura a cidadáns e consumidores”, o que, sentenza, “redunda nun incremento da seguridade subxectiva apreciada polos comerciantes e a sociedade en xeral”.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...