HomeSucesosTres feridos por unha saída de vía en Sober

Tres feridos por unha saída de vía en Sober

Tres persoas resultaron feridas despois de saírse da vía, na tarde deste venres, e chocar contra un muro o vehículo no que viaxaban no termo municipal de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O accidente sucedeu preto das catro horas da tarde deste venres, 7 de xaneiro, na estrada que une Sober e Vilaescura, ao paso polo lugar do Arroxó, na parroquia de Anllo, en Lugo.

Así o indicaron os profesionais de urxencias sanitarias que chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización dunha ambulancia ata o lugar dos feitos. Nada máis ter constancia do suceso, para prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Monforte, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...