HomeSucesosDescarrila un tren en Quiroga por un corremento de terra

Descarrila un tren en Quiroga por un corremento de terra

O tren Alvia que este venres realizaba o traxecto Barcelona - Vigo descarrilou á altura do concello de Quiroga por mor dun desprendemento de terra. Ningún dos 191 pasaxeiros que viaxaban no convoi resultou ferido. É o segundo tren afectado en menos dun día tras un incidente semellante que golpeou ao tren Barcelona-Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pasadas as 21,00 horas, saíu da vía, segundo informa o 112, o primeiro eixo da primeira composición do tren. O servizo de emerxencias recibiu o aviso do descarrilamento a través de Adif. Segundo indicaba o seu persoal, os feitos sucederan entre San Clodio de Quiroga e Freixeiro, á altura do punto quilométrico 500 da N-120.

Con estes datos, o 112 requiriu a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga e de Ribas de Sil e dos axentes da Garda Civil, que colaboraron co persoal de seguridade de Adif no transbordo dos pasaxeiros a outro tren, procedente de Ponferrada, que levou á pasaxe ata a estación de San Clodio, onde esperaban varios autobuses para levar aos pasaxeiros aos seus destinos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...