HomeSucesosIncendio nunha vivenda unifamiliar na rúa Aceña Nova de Monforte

Incendio nunha vivenda unifamiliar na rúa Aceña Nova de Monforte

Os servizos de emerxencias traballan nesta mañá de luns na extinción dun incendio nunha vivenda unifamiliar situada en Aceña Nova.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo detallaron fontes do 112 a Europa Press, sobre as 9,00 horas deste luns, veciños da zona alertaron dun incendio nunha vivenda unifamiliar de dous pisos.

Así mesmo, sinalaron que o propietario non se atopaba no domicilio no momento do suceso, do cal, ata o momento descoñécense as causas.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, Protección Civil, servizos sanitarios, Policía Local e persoal do Concello da localidade.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...