HomeSucesosAbsolto o xerente dun pub de Chantada de "agresión sexual" por falta...

Absolto o xerente dun pub de Chantada de “agresión sexual” por falta de probas

O TSXG "non advirte erro algún nin falta de lóxica ou racionalidade no proceder" do acusado.

Publicado o

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou integramente unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que absolveu ao rexente dun pub de Chantada dun delito de agresión sexual, en base ás “contradicións” e a “incredulidade” do relato da suposta vítima.

Os maxistrados, nun fallo ditado con data de 9 de novembro de 2022, rexeitaron o recurso presentado pola denunciante a unha sentenza anterior da Audiencia –do 7 de xullo de 2022– por uns feitos ocorridos en outubro de 2017. O acusado e a moza mantiveron relacións sexuais sen que queda acreditado que os feitos narrados “tivesen lugar en contra da vontade” dela, subliña o TSXG.

O alto tribunal galego non elabora unha versión propia dos feitos, senón que o que fixo foi “analizar o proceso de valoración” que realizaron os xuíces de primeira instancia. Neste labor, o TSXG “non advirte erro algún nin falta de lóxica ou racionalidade no seu proceder“, polo que decidiu confirmar integramente o fallo da Audiencia.

Así, os xuíces de primeira instancia apreciaron “unha evidente falta de credibilidade nas manifestacións da denunciante, que impiden, en consecuencia, que puidesen terse como proba suficiente para enervar a presunción de inocencia” do procesado, ao non reunir “os requisitos esixidos pola doutrina xurisprudencial”.

Entre os argumentos para presentar o recurso, a representación da denunciante alegaba que, no momento da suposta agresión, non podía gritar “porque ninguén a ía a escoitar”. Isto resultou rechamante á Audiencia Provincial, que “entende que a reacción de gritar ou forcexear sería a esperable”.

Con todo, esa non foi “a razón principal” para estimar pouco crible o relato da moza, senón que foi “o conxunto da súa declaración en canto a contido e forma”, recalca o TSXG. Por exemplo, a Audiencia de Lugo ve “certamente sorprendente” que, no seu relato, a vítima contase como chamou á policía mentres era supostamente agredida sexualmente.

“A conclusión da Sala (da Audiencia Provincial) é racional e en absoluto arbitraria, pois hai efectivamente contradicións que pon en dúbida a coherencia e verosimilitud do discurso da presunta vítima”, resume o alto tribunal galego na sentenza, contra a que aínda cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...