HomeSucesosO veciño de Monforte acusado de compartir pornografía infantil admite as descargas,...

O veciño de Monforte acusado de compartir pornografía infantil admite as descargas, pero nega que as distribuise

Publicado o

- Advertisement -

Un veciño de Monforte procesado por compartir pornografía infantil a través das redes admitiu que fixo descargas pero negou que tivese intencionalidade de distribuír, no marco do xuízo celebrado na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

O caso púxose en marcha despois de que a brigada de investigación tecnolóxica da comisaría xeral da Policía Nacional localizase en Internet arquivos “con material de contido inequívoco pornográfico infantil”.

Os axentes a cargo da investigación comprobaron que había polo menos unha persoa que estaba a realizar “a procura, descarga e compartición” destes arquivos a través dunha liña telefónica de Monforte.

A Fiscalía considera ao procesado responsable dun delito de corrupción de menores polo que pide unha condena de oito anos de cárcere e unha pena engadida de seis anos de liberdade vixiada.

Antes do xuízo, a avogada do acusado, María José González, avanzou que ía pedir a libre absolución ao interpretar que “do delito que está acusado non é un delito que cometese”.

“Acúsaselle dun delito de distribución polo mero uso das descargas a través do Emule, que utilizamos todo o mundo para descargar discografía ou películas. É moi distinto que o fagas para un consumo propio particular a que o fagas coa intención de distribuílo en ningún lado”, puntualizou.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...