HomeSucesosComezo de ano de inundacións en vivendas e estradas danadas polas fortes...

Comezo de ano de inundacións en vivendas e estradas danadas polas fortes choivas

En Monforte este domingo pola tarde o 112 recibía un aviso dun vehículo que non podía seguir circulando pola rúa Real debido a unha importante cantidade de auga acumulada na vía e a subida do Cabe asolagou o Club Fluvial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As choivas marcaron o comezo do novo ano. Entre as 00 e as 18 horas do día 1 de xaneiro, o 112 contabilizou un total de 384 incidencias en Galicia. As emerxencias máis frecuentes foron as inundacións en vivendas (115), seguidas de incidencias relacionadas coas estradas: obstáculos como pedras ou terra (74), bolsas de auga (43) e inundacións (55). Tamén se produciron inundacións en garaxes (42) e rúas (26).

As provincias máis castigadas pola choiva foron Pontevedra (195), Ourense (108) e Lugo (69). No Saviñao un particular informaba este domingo ao 112, dunha ponte da estrada municipal que caera ao río sen provocar danos persoais, pero con perigo para a circulación de vehículos. Outros concellos do sur da provincia nos que se alertou de incidencias foron Sarria, con 9 incidencias inscritas, Chantada onde o río Asma se desbordou afectando a vehículos estacionados nas inmediacións, e Carballedo, con 8 incidencias en cada concello.

Na N-540 á altura da capitalidade municipal de Taboada producíronse desprendementos polas choivas, que non obrigaron a cortar o tráfico, o mesmo que no ramal de acceso a Monforte desde Chantada. Na N-120, preto da saída cara á Pobra do Brollón a choiva formou unha fochanca cortante que propiciou que ata unha ducia de turismos tiveran que parar a circulación.

Nas estradas provinciais, o servizo de Vías e Obras está realizando unha avaliación técnica das derrubas provocadas pola gran cantidade de auga caída en puntos como a LU-P-1801, que á altura do punto quilométrico 7, en Chantada; e do punto quilométrico 20, en Carballedo, sufriu desprendementos de terras que provocaron a derruba das marxes da vía, que quedou cortada na tarde deste domingo. A circulación quedou este luns restablecida naquelas vías asolagadas pola auga: a LU-P-5701 á altura de Sarria e que conecta A Pobra do Brollón e Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...