HomeSucesosOs bombeiros excarceran a unha muller tras un accidente en Chantada

Os bombeiros excarceran a unha muller tras un accidente en Chantada

Segundo informa o 112 Galicia, a alerta do sinistro chegoulles a través do 061-Urxencias Sanitarias minutos despois das 2,30 da mañá. Ocorreu no quilómetro 35 da CG-2.1.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os bombeiros tiveron que excarcerar a unha muller despois de que o coche no que viaxaba envorcase de madrugada no municipio de Chantada, á altura do quilómetro 35 da CG-2.1.

O 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos bombeiros do Deza e de Chantada, do GES de Lalín, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Foron os bombeiros de Chantada os que acudiron ao lugar para liberar a muller, que quedou atrapada no interior do vehículo accidentado. Posteriormente, foi trasladada polos servizos sanitarios a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...