HomeSucesosO forte vento mantén activo un incendio forestal en Taboada que afecta...

O forte vento mantén activo un incendio forestal en Taboada que afecta a 20 hectáreas

O lume iniciouse este martes e quedaba extinguido onte mesmo, pero este mércores ás 13.44, o vento volveuno a avivar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello de Taboada, parroquia de Xián. Segundo as primeiras estimacións o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 5 axentes, 8 brigadas, 5 motobombas, 3 avións e 3 helicópteros.

Permanece tamén activo o lume rexistrado en Baleira, parroquia de Cubilledo, onde se decretou a Situación 2 como medida preventiva dada a proximidade do lume ao núcleo de Fórneas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Prohidas desde xa as queimas agrícolas e forestais

A partires deste mércores quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia. Isto implica que, dende xa, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento. Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

ÚLTIMAS

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...

“Risas con perspectiva feminista” en Sarria

O Concello de Taboada acollerá este domingo 24 de maio un espectáculo de humor titulado “Risas con...

O Centro de Interpretación da Música de Raíz da Seara, anfitrión do ‘Radiovisual do Patrimonio’

No marco do proxecto 'RadioVisual do Patrimonio', no que a escola sae ao encontro...

O PP de Taboada constitúe unha xestora aberta presidida por Luis Gómez

O PP de Taboada constitúe unha xestora na que Luis Gómez García asume a...