HomeSucesosNon precisan asistencia sanitaria o bebé e a muller cuxo vehículo saiuse...

Non precisan asistencia sanitaria o bebé e a muller cuxo vehículo saiuse da vía en Monforte

Publicado o

POR
Europa Press
- Advertisement -

Este martes ás 11,50 horas, unha persoa particular deu aviso ao 112 dunha saída de vía en Monforte. Trasladaba que había unha persoa atrapada e un bebé no vehículo. Fontes do 112 ratificaron a Europa Press que se mobilizou a efectivos da Policía Local, de Protección Civil, de Urxencias Sanitarias-061, e aos bombeiros.

Unha vez no lugar do accidente, os bombeiros comunicaron que non era necesario proceder á excarceración. Fontes sanitarias confirmaron a Europa Press que tampouco consta ningún traslado ao hospital da condutora, unha muller de 34 anos, nin do menor. A atención resolveuse no punto.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...