HomeSucesosInvestigado un veciño de Castro Caldelas pola saída de vía do seu...

Investigado un veciño de Castro Caldelas pola saída de vía do seu vehículo en Monforte

No automóbil viaxaban dúas persoas máis e todos os ocupantes resultaron ilesos.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Castro Caldelas que deu positivo en alcol, con máis do dobre da taxa máxima permitida, logo que o vehículo que conducía sufrise un accidente á saída da estrada en Monforte de Lemos.

A Comandancia da Garda Civil de Lugo dió a coñecer o feito que ocorreu o pasado 27 de abril ás 7,00 da mañá, por intermedio dunha nota de prensa. O sinistro produciuse á altura do quilómetro 11,570 da estrada LU-903 (Monforte – Castro Caldelas). No automóbil viaxaban dúas persoas máis e todos os ocupantes resultaron ilesos.

O condutor, de 40 anos, será posto baixo investigación como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria. O caso será remitido ao Xulgado de Instrución número 2 de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...