Dúas persoas feridas tras chocar unha moto cun xabaril na estrada Nadela-Monforte

Un xabaril entrando nun campo de millo | desveda.com

Un motorista e o seu acompañante resultaron feridos a última hora deste martes nun accidente de tráfico rexistrado na estrada Nadela-Monforte de Lemos.

En concreto, segundo informou a Garda Civil, o suceso ocorreu ás 23,40 horas á altura do punto quilométrico 2,700 da estrada C.G-2. 2.

Foi en concreto ao atropelar o motorista a un xabaril. Debido ao sinistro, resultaron feridos tanto o condutor da motocicleta como o seu acompañante.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here