HomeSucesosFerida unha parella en Sober nunha agresión con atropelo

Ferida unha parella en Sober nunha agresión con atropelo

Os dous membros dunha parella resultaron feridos, a muller, de gravidade, ao ser agredidos ao mediodía deste xoves no termo municipal de Sober. Por estes feitos, hai un home que se entregou á Garda Civil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os feitos ocorreron sobre as 12,30 horas deste xoves, cando o 112 Galicia recibiu chamadas de dous particulares para alertar dunha liorta nunha estrada que une o polígono de Reboredo, en Monforte, coa localidade de Neiras, pertencente a Sober.

Os alertantes indicaban que había unha muller no chan e un home ferido na cabeza, segundo informan a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias.

Ao parecer, varias persoas baixáronse duns vehículos e empezaron a agredir á parella. Cando xa se marchaban, unha das furgonetas atropelou á muller, que permanece ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) pola gravidade das feridas.

Ás dúas horas, segundo relatan fontes da Garda Civil, un home entregouse aos axentes como presunto autor do atropelo. No entanto, aínda faltan por identificar ao resto de supostos participantes nos feitos, para o que será determinante a declaración da parella.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...