HomeSucesosDeteñen a catro persoas por roubos en vivendas de Quiroga tras esquecerse...

Deteñen a catro persoas por roubos en vivendas de Quiroga tras esquecerse un deles un móbil

Os arrestados residen nun poboado chabolista de Ponferrada, en León.

Publicado o

- Advertisement -

Catro persoas foron detidas no marco da ‘operación Bibey‘ como supostos autores da comisión de tres roubos con forza en vivendas habitadas da localidade lucense de Quiroga. Un dos acusados esqueceu un teléfono nun dos inmobles aos que entrara.

A Garda Civil informou este mércores de que os feitos se remontan ao pasado mes de marzo, cando o inquilino dunha vivenda sufriu un roubo no seu domicilio mentres se atopaba de viaxe. O suceso fora denunciado ao día seguinte por un familiar que visitou a vivenda e atopouse a porta forzada e o interior revolto. Conseguiran subtraer xoias e varios miles de euros en efectivo.

Os seguintes roubos, conforme apuntou o instituto armado, producíronse a mediados do mes de abril, cando volveron entrar na vivenda que forzaran o mes anterior e noutra situada no mesmo edificio.

Os veciños escoitaron golpes nas portas e ruídos dentro das vivendas, polo que algún se asomou na xanela e observou como persoas camiñaban pola beirarrúa e abandonaban a zona utilizando un vehículo.

Ademais, unha das vítimas atopou un teléfono móbil no seu domicilio e entregouno na Garda Civil, á que informou de que o terminal non era da súa propiedade.

Ante estes feitos, os axentes iniciaron unha investigación e analizaron o teléfono achado, tras o que chegaron á conclusión de que os autores dos feitos residían nun poboado chabolista situado en Ponferrada (León) e estaban vinculados con outros residentes doutro poboado situado en Quiroga.

Os presuntos autores foron detidos na xornada do martes e contan con multitude antecedentes delituosos por cometer feitos similares, Da investigación fíxose cargo o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...