HomeSucesosAs fortes choivas afunden a estrada LU-P-5303 en Ribas de Sil

As fortes choivas afunden a estrada LU-P-5303 en Ribas de Sil

Trabállase na zona para poder restablecer o tráfico canto antes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estrada provincial LU-P-5303, de San Clodio ao límite provincial por Torbeo, no municipio lucense de Ribas de Sil, foi cortada na tarde deste mércores polo afundimento do seu firme provocado polas intensas choivas rexistradas nos últimos días.

Segundo informou a Deputación de Lugo, este incidente produciuse no quilómetro 5 da devandita estrada por mor das precipitacións que vive a Comunidade desde hai semanas. Por iso, o ente provincial habilitou desvíos alternativos, “que quedaron debidamente sinalizados”, e xa traballa para poder restablecer o tráfico canto antes.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...