HomeSucesosCirculando a 184 km/h nunha vía limitada a 90

Circulando a 184 km/h nunha vía limitada a 90

A Garda Civil investiga a un veciño de Monforte, de 29 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao circular a 184 quilómetros por hora nunha vía limitada a 90 km/h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os feitos ocorreron na estrada CG-2.2, no termo municipal de Bóveda (Lugo), cando o turismo circulaba a 184 km/h en dirección Monforte de Lemos, a pesar de que a velocidade máxima permitida é de 90.

Así, iniciouse unha investigación cuxo resultado permitiu conseguir probas obxectivas que posibilitaron identificar o condutor do vehículo no momento da infracción, sendo informado os seus dereitos en calidade de investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva. As dilixencias foron remitidas á autoridade xudicial.

Nun comunicado, a Benemérita recomendou precaución e respecto das limitacións de velocidade establecidas, lembrando que superar os límites é un “factor fundamental” que determina a maior incidencia na sinistralidade viaria, así como a gravidade e o grao das lesións das vítimas, no seu caso.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...