HomeCulturaNarración oral e homenaxe aos 'Cómicos de Salcedo' na Pobra do Brollón

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

Estes dous eventos están organizados polo concello e terán lugar os días 16 e 17 de maio para conmemorar as Letras Galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá ás 20:00 h. o novo espectáculo de narración oral de Vero Rilo xunto co músico Luis Iglesias. Trátase de “As Mil e Unha”, unha proposta escénica para público familiar que trata o universo literario da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño. Preséntase como un programa de radio en directo que abre unha porta á imaxinación para conectar os mitos clásicos coa realidade contemporánea, seguindo a mirada crítica, feminista e actual que caracterizou a obra de Begoña Caamaño.

O evento, con entrada libre, conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Vero Rilo e Luis Iglesias. Foto: Culturactiva.
‘OS CÓMICOS DE SALCEDO’

O propio Día das Letras Galegas, domingo 17 de maio, descubrirase ás 13:00 h a nova placa do salón de actos da Casa da Cultura. A devandita placa recibirá o nome de ‘Os Cómicos de Salcedo’, nomeamento presentado polo grupo de goberno da Pobra do Brollón no Pleno municipal o pasado 24 de abril e sendo dita iniciativa aprobada por unanimidade.

Trátase dun recoñecemento aos veciños Cuco, Justo, Pepiño e Chinco, ‘Os Cómicos de Salcedo’, que foron parte fundamental do Teatro de Salcedo dende as súas orixes. Unha homenaxe que, segundo indica a concelleira de Cultura Marián Martínez, “esténdese a todos aqueles veciños e veciñas que con talento e compromiso levan ao escenario a emoción, o humor e a autenticidade”. 

Na Pobra do Brollón hai unha forte tradición de teatro popular co teatro do Entroido de Salcedo como eixo principal que conta ademais coa participación da veciñanza de moitas outras parroquias. Esta homenaxe, apunta Martínez, “vai acompañada do desexo de que esta tradición continúe por moitos anos máis, construíndo identidade colectiva e espírito comunitario”. 

O acto de descubrimento contará coa participación de Cuco, Justo, Pepiño e Chinco e está aberto a quen desexe achegarse.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...