HomeSucesosUn forte accidente entre un coche e un camión en Pantón remata...

Un forte accidente entre un coche e un camión en Pantón remata cun home de 47 anos falecido

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar ás 18.30 horas deste venres no quilómetro 543 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán.

Publicado o

- Advertisement -

Un home de 47 anos faleceu na tarde deste venres na localidade lucense de Pantón, tras chocar o turismo que conducía contra un camión. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar ás 18.30 horas deste venres no quilómetro 543 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán.

De inmediato, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Ao mesmo tempo, o persoal sanitario comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Unha vez no punto, os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao condutor do turismo, que quedara atrapado e cuxo falecemento foi finalmente confirmado polos servizos sanitarios. A colisión motivou que a estrada permanecese cortada mentres duraba o operativo.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...