HomeSucesosA 187 e 179 km/h por unha zona limitada a 90 en...

A 187 e 179 km/h por unha zona limitada a 90 en Bóveda

A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores por supostos delitos contra a seguridade viaria en Bóveda, onde conducían ao redor do dobre do límite de velocidade permitido.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores por supostos delitos contra a seguridade viaria en Bóveda, onde conducían ao redor do dobre do límite de velocidade permitido. O primeiro foi captado o pasado mes de abril circulando nun turismo a unha velocidade de 187 km/h, nun tramo en que a velocidade máxima permitida nese lugar é de 90 km/h. Apenas un mes despois rexistrouse un segundo caso no mesmo lugar, onde outro vehículo foi detectado a unha velocidade de 179 km/h.

Tras tomar coñecemento dos feitos iniciouse unha investigación que permitiu conseguir probas obxectivas para a identificación dos condutores de ambos os vehículos, no momento da detección dos citados excesos de velocidade, procedendo a ser informados dos dereitos que lle asisten en calidade de investigados, como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva. Nun comunicado explican ademais que xa se confeccionaron as oportunas dilixencias, entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...