HomeSucesosFerido un home que quedou atrapado debaixo dun montacargas en Monforte

Ferido un home que quedou atrapado debaixo dun montacargas en Monforte

Foi precisa a intervención dos Bombeiros para poder liberalo.

Publicado o

- Advertisement -

Un home resultou ferido tras quedar atrapado debaixo dun montacargas de tipo industrial nunha vivenda particular no municipio lucense de Monforte de Lemos. Segundo informou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu sobre as 11.30 horas unha petición do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás dificultades para acceder ao ferido.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte para tratar de liberar ao home, que sufriu unha caída e quedou atrapado debaixo do montacargas nun domicilio situado na rúa Eduardo Pondal. Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencias procederon a liberar ao ferido, que foi trasladado polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...