HomeSucesosEvacuada en padiola unha muller que rompeu o nocello cando traballaba nunha...

Evacuada en padiola unha muller que rompeu o nocello cando traballaba nunha viña de Chantada

Tratábase dunha zona de difícil acceso para que a muller saíse polos seus propios medios, así como para que accedese o persoal sanitario.

Publicado o

- Advertisement -

Os bombeiros evacuaron a última hora deste mércores en padiola a unha muller que se rompeu o nocello mentres traballaba nunha viña en Chantada. Foi cara ás 22.30 horas cando un familiar da ferida avisou ao 112 da lesión da muller, que se atopaba traballando nunha viña situada no lugar de Souto, en Nogueira de Miño.

Tratábase dunha zona de difícil acceso para que a muller saíse polos seus propios medios, así como para que accedese o persoal sanitario. Así as cousas, os Bombeiros de Chantada desprazáronse ata o punto e evacuaron á muller en padiola por un camiño de terra e pedras ata a ambulancia. Ademais, no operativo participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local e da Garda Civil.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...