HomeSucesosFalece un home de 41 anos tras saírse da vía na LU-546,...

Falece un home de 41 anos tras saírse da vía na LU-546, ao seu paso por Sarria

Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 00.32 horas á altura do punto quilométrico 21,100 da LU-546 (Nadela-Monforte).

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Un home de 41 anos, con iniciais A.L.C. e veciño do Saviñao, perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaba pola estrada LU-546, ao seu paso polo municipio lucense de Sarria. Segundo informou a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 00.32 horas á altura do punto quilométrico 21,100 da LU-546 (Nadela-Monforte).

Ao ter coñecemento dos feitos a través dunha chamada e unha comunicación do sistema automático do propio vehículo, o 112 Galicia mobilizou ata o lugar aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil e aos Bombeiros de Sarria, que tiveron que liberar á vítima.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...