HomeSucesosAccidente de tráfico mortal en Vilarmel, Quiroga

Accidente de tráfico mortal en Vilarmel, Quiroga

O vehículo precipitouse por un terraplén tras unha saída de vía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un home de 73 anos faleceu tras unha saída de vía mentres circulaba co seu vehículo pola parroquia de Vilarmel, no Concello de Quiroga.

Segundo fontes do 112 Galicia, os feitos aconteceron despois de que un vehículo se precipitara dende a estrada LU-P-5001 por un terraplén ata uns 30 metros de desnivel. Coméntase nalgúns medios de comunicación que deron conta da nova, que o accidente tivo lugar xa o sábado, e non foi ata o domingo cando apareceu despois de que os compañeiros de caza o botaran en falta.

Ao lugar dos feitos personáronse Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Bombeiros de Monforte, GES de Quiroga, Garda Civil e Protección Civil.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...