HomeSucesosLocalizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A perda de contacto coa familia sería debida a unha avaría no terminal móbil.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións do lugar de Bendilló-Quiroga, nun tramo do camiño de inverno non accesible para vehículos a motor. Este camiño é unha variante do Camiño Francés que evita as cumes do Cebreiro, e por tanto, máis alcanzable no inverno. Segundo informan nun comunicado, os familiares do peregrino, residentes en Italia, perderon o contacto o pasado día 11 de xaneiro, tendo constancia de que se atopaba nas Medulas (León), para iniciar nese lugar o camiño de inverno en dirección a Santiago de Compostela.

Á primeira hora do día 13 de xaneiro, tras pasar dous días sen ter noticias do paradoiro do seu familiar, poñen en coñecemento das autoridades policiais de Milán que o día 12 a persoa desaparecida tiña que chegar á localidade do Barco de Valdeorras, non tendo constancia da chegada a tal localidade. A Interpol pon en coñecemento da Garda Civil estes feitos, por ser o corpo policial competente para realizar a investigación e localización deste cidadán, iniciándose unha procura incesante nas provincias de León, Ourense e Lugo, principalmente polos diferentes itinerarios do camiño e albergues de peregrinos.

Finalmente, a primeiras horas da tarde do día 13 de xaneiro, a Garda Civil de Quiroga, localiza ao peregrino nun tramo do camiño non accesible por vehículos a motor. Tras verificar que se atopaba en bo estado de saúde, os Axentes dispoñen os medios necesarios para que o peregrino se poña en contacto cos seus familiares e cesar así a angustia por non ter noticias súas. A perda de contacto sería debida a unha avaría no terminal móbil.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...