HomeSucesosPranchas de xeo na LU-P-4102 á altura do Saviñao causan varias saídas...

Pranchas de xeo na LU-P-4102 á altura do Saviñao causan varias saídas de vía

En ningunha delas houbo que lamentar persoas feridas.

Publicado o

- Advertisement -

O xeo da LU-P-4102 no municipio lucense do Saviñao provocou varias saídas de vía, pero en ningunha delas houbo que lamentar persoas feridas. Segundo informou o 112 Galicia, minutos antes das 10.00 horas deste domingo un particular alertou de que acababa de envorcar co seu vehículo no quilómetro 21 desa vía e que tanto el como o seu acompañante estaban ben, pero non podían saír do vehículo. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Chantada que liberaron a ambas as persoas, que non resultaron feridas. Con todo, informaron que había pranchas de xeo na estrada que provocaron que varios vehículos se saísen da vía. No operativo tamén participou a Garda Civil e os servizos de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...