HomeSucesosCachan por cuarta vez no Saviñao a un septuaxenario conducindo sen carné...

Cachan por cuarta vez no Saviñao a un septuaxenario conducindo sen carné e posto de cocaína

O home ten 73 anos.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou por cuarta vez no municipio lucense do Saviñao a un condutor septuaxenario que circulaba sen carné e tras consumir drogas. En concreto, os feitos ocorreron o pasado mes de xaneiro, cando a Benemérita detectou a un home, de 73 anos de idade, que conducía a pesar de carecer de permiso pola perda total dos puntos. Ademais, tras someterse a unha proba de drogas, arroxou un resultado positivo en cocaína. Así mesmo, os funcionarios comprobaron a multirreincidencia do home na comisión deste tipo de delitos, comprobando que esta conduta se repetiu en catro ocasións nos últimos sete meses e, na maioría dos casos, relacionadas coa condución con presenza de drogas no organismo.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...