HomeSucesosArde unha casa en Sober

Arde unha casa en Sober

Os feitos producíronse na madrugada do sábado para o domingo. O 112 tivo constancia a través dunha chamada dunha persoa particular.

Publicado o

- Advertisement -

Ás 3.45 deste sábado 29 declarábase un incendio nunha casa no lugar de Barantes de Arriba, no concello de Sober. A vivenda ardeu por completo, pero o seu propietario non sufriu danos de consideración, aínda así foi trasladado, por precaución, ao Hospital Comarcal de Monforte.

En canto o 112 tivo comunicación do sinistro, a través da chamada dun particular, requiriu a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil, de Protección Civil e do 061-Urxencias Sanitarias. Desde ese momento, os servizos de emerxencias traballaron para sufocar o incendio, que se reavivou durante as primeiras horas desta mañá.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...