HomeSucesosMorre un home atropelado fronte ao hospital de Monforte

Morre un home atropelado fronte ao hospital de Monforte

O accidente produciuse sobre as 10.30 horas na rúa da Veiga.

Publicado o

- Advertisement -

Un home morreu este mércores ao sufrir un atropelo en Monforte de Lemos, segundo informa o 112. O accidente produciuse sobre as 10.30 horas. Segundo a información do 112, o primeiro aviso produciuse sobre esa hora e un dos que avisou foi o condutor do vehículo implicado no atropelo, na rúa da Veiga, fronte ao hospital. O 112 avisou ao servizo de urxencias sanitarias, aos Bombeiros de Monforte, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencias, nada se puido facer por salvarlle a vida ao home.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...