HomeSucesosUn incendio nunha vivenda alerta aos veciños de Láncara

Un incendio nunha vivenda alerta aos veciños de Láncara

Non deixou feridos.

Publicado o

- Advertisement -

Un incendio calcinou por completo unha habitación dunha vivenda en Láncara durante a noite deste sábado, pero sen deixar feridos. Segundo informaron fontes do 112 consultadas por Europa Press, foi un particular quen alertou ao redor das 20.40 de que vía lume no faiado da vivenda, pero tamén puntualizou que non había feridos nin casas contiguas.

En concreto, o incendio rexistrouse na parroquia de Oleiros, no lugar de San Martiño, ata alí desprazáronse os Bombeiros de Sarria e a Garda Civil. Unha vez na vivenda, os bombeiros confirmaron que o lume calcinara unha habitación por completo, un colchón, mobiliario e apuntaron a que este podía ser provocado por un quentador.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...