HomeSucesosFerido un home en Samos por quedar atrapado cunha rozadora

Ferido un home en Samos por quedar atrapado cunha rozadora

Segundo informa o 112 Galicia, foron os veciños do ferido quen solicitaron axuda urxente para un home que se atopaba tendido nunha leira.

Publicado o

- Advertisement -

Un home resultou ferido este luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en Samos. En concreto, o suceso tivo lugar en Montán ao redor das 18.30 horas.

Segundo informa o 112 Galicia, foron os veciños do ferido quen solicitaron axuda urxente para un home que se atopaba tendido nunha leira.

Tal e como informaron, quedara atrapado baixo unha máquina que estaba enganchada a un tractor. Tratábase dunha rozadora, da que foi liberado polas persoas que acudiron na súa axuda.

Así mesmo, avisouse ao Corpo de Bombeiros de Sarria e aos profesionais de Emerxencias Sanitarias Galicia-061, quen enviaron varios equipos, incluído o que viaxaba a bordo do helicóptero con base en Ourense.

Con todo, o traslado ao hospital puido realizarse en ambulancia. Nesta operación tamén colaboraron axentes da Garda Civil.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...