HomeSucesosActualidade do incendio de Pantón que saltou a Sober tras cruzar o...

Actualidade do incendio de Pantón que saltou a Sober tras cruzar o Cabe

A Consellería de Medio Rural informa de 1.400 hectáreas queimadas no territorio dos dous concellos afectados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 14.16 horas do xoves 18 de setembro iniciouse o incendio forestal rexistrado no concello de Pantón, parroquia de Pombeiro, no que se mantén activa a Situación 2 de forma preventiva pola súa proximidade a varios núcleos do municipio.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, detallaba este venres tras a súa visita ao Posto de Mando Avanzado do Concello de Pantón que o incendio forestal “recobrou forza” e “de forma explosiva” comezou a estenderse saltando o río Cabe para entrar no Concello de Sober.

Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 1.400 hectáreas, parte delas no Concello de Sober. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 12 técnicos, 62 axentes, 82 brigadas, 62 motobombas, 9 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións. Tamén se conta con efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...