HomeSucesosInvestigan o presunto autor dun incendio na Pobra do Brollón

Investigan o presunto autor dun incendio na Pobra do Brollón

Os axentes puideron constatar que o lume comezou polos traballos de roza realizadas nunha pista por maquinaria agrícola

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño do municipio lucense da Pobra do Brollón, de 53 anos, como responsable dun incendio forestal no que arderon máis de 1.100 hectáreas. Os axentes constataron que o lume comezou por labores de roza nunha pista por maquinaria agrícola.

O incendio do que se investiga como responsable, segundo detallou o Instituto Armado, ocorreu en agosto no lugar de Golmar, na parroquia de Abrence, e estivo activada a situación 2 pola proximidade das chamas a núcleos de poboación.

Ademais, por mor das chamas a circulación viaria estivo interrompida e suspendida a liña ferroviaria no tramo de Monforte de Lemos-Ponferrada.

Os axentes da Garda Civil adscritos ao EMIIF comezaron unha investigación para esclarecer a autoría do incendio e verificar se se produciu por de maneira intencionada.

Desta forma, os axentes puideron constatar que o lume comezou polos traballos de roza realizadas nunha pista por maquinaria agrícola.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...