HomeSucesosDetido un individuo por roubos en locais de Monforte e Ourense

Detido un individuo por roubos en locais de Monforte e Ourense

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Ourense detiveron a un individuo ao que lle atribúen cinco roubos con forza cometidos en establecementos da cidade, e ao que tamén se investiga por delitos similares en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse o pasado 10 de setembro, cando se produciron os dous primeiros roubos. En días sucesivos, tiveron lugar outro tres roubos, sempre co mesmo ‘modus operandi’.

Así, o ladrón actuaba de madrugada, cando os locais estaban pechados ao público, e forzaba os accesos violentando as persianas. Unha vez dentro, facíase co contido das caixas rexistradoras e outros efectos.

As pescudas levaron a identificar ao presunto autor destes roubos, que foi detido o psaado 30 de setembro e posto a disposición do xulgado, que ordenou o seu ingreso en prisión. Ademais, atribúenselle tamén roubos similares en Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...