HomeSucesosUrxencia médica que precisou da axuda dos bombeiros en Monforte

Urxencia médica que precisou da axuda dos bombeiros en Monforte

Unha chamada de alerta ao 112 mobilizou á Policía Local e Bombeiros de Monforte para poder entrar na casa dun home de avanzada idade que se atopaba indisposto.

Publicado o

- Advertisement -

Arredor das 19.30 h. desta noite, e tras a chamada dalgún veciño ou veciña ao 112, a Policía Local, os bombeiros e unha ambulancia do 061 chegaban á altura do número 140 da rúa Abeledos para valerlle a un señor maior que vivía só e estaba pechado no seu domicilio.

Todo apunta a que por mor dunha indisposición o home quedou medio inconsciente, feito que o imposibilitou para pedir axuda. Ao estar a porta pechada, e non podendo entrar á vivenda, foi precisa a intervención dos bombeiros que coa escada do camión chegaron ao terceiro andar do edificio e conseguiron acceder á vivenda do ancián por unha fiestra.

Ao entrar xa advertiron que perdera a consciencia e abriron a porta da súa vivenda para que os sanitarios do 061 lle valesen e o trasladaran na padiola ata a ambulancia.  Inmediatamente foi trasladado ao Hospital Comarcal de Monforte.

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...