HomeSucesosUn detido en Monforte como presunto autor de roubos nos Peares e...

Un detido en Monforte como presunto autor de roubos nos Peares e Pantón

A Garda Civil detivo na mañá deste mércores a un veciño de Monforte de Lemos como presunto autor dun roubo rexistrado en xaneiro nunha vivenda nos Peares.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informou o Instituto Armado, ás 11,45 horas deste mércores foi detido na localidade de Monforte de Lemos un veciño desta localidade como presunto autor dun delito de roubo ocorrido o pasado mes de xaneiro nunha vivenda situada no término municipal dos Peares e un delito de hurto ocorrido o pasado ano en Pantón.

Na investigación policial foron intervidos diversos obxectos supostamente relacionados con este feito, xoias, pedras preciosas e moedas antigas, material pertencente aos perxudicados e valorados en 4.000 euros. A persoa detida será posta a disposición xudicial, sinalou a Benemérita.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...