HomeSucesosConclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por...

Conclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por un barranco en Taboada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, seguiu este venres en Taboada o operativo de rescate das xovencas que o pasado mércores se precipitaron por un barranco nunha zona de difícil acceso nas beiras do río Miño, na parroquia de San Xián de Ínsua; unha actuación que concluíu con éxito esta tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Administración autonómica púxose desde o primeiro momento a disposición do Concello de Taboada e do propietario das xovencas para colaborar nas tarefas de rescate, dada a complexidade do terreo. O delegado territorial estivo xa o xoves no terreo cun gruista para avaliar a posibilidade de retirar os animais cunha grúa e, paralelamente, iniciáronse as xestións para solicitar o desprazamento dun helicóptero do servizo de emerxencias de Asturias, preparado para soportar o peso das reses.

A aeronave chegou á zona este venres -no marco do convenio de colaboración que hai asinado entre a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias en materia de emerxencias- e a súa participación resultou decisiva, ao permitir rescatar os dez animais que permanecían na ladeira -un deles, sen vida-.

Ademais de coordinar a participación do helicóptero, o Goberno galego colaborou tamén no operativo con efectivos da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) -que despregaron tamén un dron para guiar os traballos-, a Policía Autonómica e persoal do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais e dos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural. Xunto a eles participaron tamén efectivos do Concello de Taboada, Protección Civil, Garda Civil e numerosos veciños da zona.

O delegado destacou a “excelente coordinación” entre todos os servizos implicados e a colaboración da veciñanza, que permitiron resolver con éxito unha intervención especialmente complexa.

Rescate xovencas Taboada / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...