HomeSucesosUn ferido en Quiroga e un falecido no Incio

Un ferido en Quiroga e un falecido no Incio

Un lume nun alpendre dunha vivenda de San Vitoiro en Quiroga saldouse este mércores cun ferido e cuantiosos danos materiais, mentres que outro home falecía neste mesmo día despois de sufrir un accidente de tractor nunha leira da súa propiedade, situada no municipio lucense do Incio

Publicado o

- Advertisement -

O incendio de San Vitorio no Concello de Quiroga declarouse onte mércores sobre as tres da tarde por mor, seica, dunhas cinzas mal apagadas que prenderon na leña amoreada nun alpendre. Foi unha veciña a que deu a voz de alarma, xa que a propietaria, unha octoxenaria, estaba dentro da vivenda e non se decatara.

O sinistro mortal do veciño do Incio tivo lugar ás 16:30 horas no lugar de Airexe. Máis detalles dos sucesos no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...