Segundo fontes da Garda Civil consultadas por Europa Press, os feitos ocorreron o pasado domingo, cando supostamente unha das persoas usuarias agrediu outra, e esta última tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.
As mesmas fontes indicaron que, nun primeiro momento, se cualificou como unha agresión entre dúas internas. Porén, finalmente a vítima faleceu no hospital, polo que se investiga como un presunto delito de homicidio. O caso xa foi trasladado á xustiza para tratar de esclarecer todo o ocorrido.
“PESAR” NA XUNTA
Pola súa banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, traslada o “pesar” da Xunta polo “suceso” ocorrido na residencia. Ao respecto, a titular do departamento autonómico indica que a Xunta está “colaborando de forma permanente con todas as forzas e corpos de seguridade do Estado e coa Fiscalía, que son os encargados de esclarecer que aconteceu”. “Lamentamos profundamente este suceso”, sinala García, a preguntas dos xornalistas tras unha reunión con representantes de escolas infantís en Santiago.

