HomeSucesosMorre un condutor tras saírse da vía e caer por un desnivel...

Morre un condutor tras saírse da vía e caer por un desnivel en Triacastela

O turismo precipitouse varios metros na LU-637 e o home, único ocupante do vehículo, saíu despedido tras o impacto.

Publicado o

- Advertisement -

O condutor dun vehículo faleceu tras sufrir unha saída de vía e precipitarse por un desnivel de varios metros na LU-637, no concello lucense de Triacastela. Tal e como trasladou o 112 Galicia, o home circulaba pola LU-637, á altura do quilómetro 3, ao seu paso por Lamas do Biduedo, cando sufriu o accidente.

O centro de emerxencias tivo constancia do suceso a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que deu aviso do ocorrido ás 20.00 horas e informou de que o turismo caera por un desnivel de varios metros. Neste contexto, o 112 solicitou a intervención dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil. Pola súa banda, o 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que no vehículo só viaxaba o condutor, que saíu despedido varios metros tras o impacto e perdeu a vida.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...